Xa está dispoñible a programación do Entroido con propostas para todas as idades.

O programa inclúe unha festa infantil con hinchables, obradoiros e dj, xornadas de xogos e pintacaras, contacontos e un concurso de disfraces con premios de ata os 1.000 euros.

Consulta toda a información e as bases do concurso e participa!

As persoas interesadas en participar deberán presentar a ficha de inscrición a partir do 26 de xaneiro a través da sede electrónica ou no rexistro xeral do Concello. O prazo remata o 6 de febreiro de 2026 ás 14:00 h.