Tes un móbil e non sabes usar moitas das súas aplicacións? Sabes pedir cita médica a través do teléfono? Navegas por internet? Usas as Redes Sociais?
Pois con este curso de 3 semanas (3 bloques de contidos) que oferta o Concello de Carnota , de balde, a través de Ara Formación, coa subvención da Xunta de Galicia e a Unión Europea aprenderás todo isto e máis. Non fai falta nada! sólo que te apuntes e veñas.
O curso será a última semana de xaneiro e as dúas primeiras de febreiro, no Concello, en horario de luns a xoves pola mañá.
Inscríbite no tlf 647459445 ou no Departamento de Cultura do Concello.