O domingo 29 de xuño celebrouse a XXXII edición da Carreira das Areas cunha alta participación: 532 corredores e corredoras cruzaron a liña de meta situada no emblemático Hórreo de Carnota. A intensa calor marcou a xornada, ata o punto de que as dúas motobombas dispoñibles non deron feito para refrescar a todas as persoas participantes.

A proba contou con dous percorridos principais. Na 3K Contra o Cancro, os máis rápidos foron Anxo Lado e Alejandro Formoso, mentres que na proba raíña dos 10K, os muradáns Víctor Ramos e Tina Fernández impuxéronse con autoridade, ocupando os máis altos postos do podio.

Todos os resultados poden ser consultados na web oficial do evento:correndopolacostadamorte.com

Desde a organización queremos expresar os nosos máis sinceros agradecementos a:

·         Protección Civil de Carnota, polo seu labor incansable

·         O Arcebispado de Santiago, pola súa colaboración

·         As asociacións e clubs locais: O Patín, O Jerreiro, Club Ciclista 40´´SS

·         E, como non, a todo o persoal que traballou sen descanso para que esta edición fose un éxito