O Concello de Carnota e o club O Jerreiro convídanvos a todos/as os/as amantes da natureza e do sendeirismo a participar na Ruta de Sendeirismo por Caldebarcos e Panchés, unha oportunidade para descubrir novos recunchos e paisaxes espectaculares do noso territorio.
📅 Data: 1 de xuño
🕙 Saída: ás 10:00h
📍Punto de partida: Dende a antiga escola unitaria de Caldebarcos
🛤️ Percorrido: Aproximadamente 10 km, dificultade media, ruta circular. Enlace a Wikiloc
💰 Prezo:
- SOCIOS: Inscrición gratuíta.
- NON SOCIOS: O prezo a aboar para as persoas non socias do clube é de 3€ por persoa que se ingresará no seguinte número de conta: ES84 2080 0334 8731 1000 0035. No concepto deberá indicarse o nome/s do/s participante/s e a ruta na que se participa.
Esta ruta permitirá aos participantes gozar dun percorrido por zonas de gran valor paisaxístico e cultural, camiñando de mar e montaña. Será unha oportunidade perfecta para desconectar, respirar aire puro e compartir experiencias con outros amantes do sendeirismo.
Inscricións
As inscricións deberán realizarse antes das 12:00 horas do xoves previo á ruta da seguinte maneira:
-
Socios: A través do grupo de WhatsApp do club O Jerreiro
-
Non socios: cubrindo o seguinte formulario



