O Concello de Carnota abre o prazo de inscrición para o campamento de conciliación Aldea de Verán 2025, que se desenvolverá nos meses de xullo e agosto.

O prazo de inscrición estará aberto do 19 ao 23 de maio ás 14:00 horas, e as persoas interesadas poden consultar as bases e presentar a súa solicitude telemática, preferentemente, a través da sede electrónica do Concello ou ben no rexistro descargando a seguinte solicitude.

Para máis información, pódese contactar co Departamento de Servizos Sociais do Concello de Carnota.