A primavera chega a Carnota con novas propostas do Servizo de Normalización Lingüística para a primeira infancia, dentro do programa Apego. As actividades programadas están recomendadas para familias con crianzas a partir de 1 ano e teñen como obxectivo tecer
redes coas familias para favorecer a crianza e a socialización en galego dende as idades máis temperás.
A participación é gratuíta pero para algunhas das actividades é necesario inscribirse previamente enviando un correo electrónico a cultura@carnota.gal no que se debe indicar: nome completo e idade das crianzas, nome completo das persoas adultas acompañantes (máximo 2) e teléfono de contacto.
A inscrición pode realizarse ata as 14:00 horas do día anterior ao espectáculo. Unha vez realizada a inscrición, o SNL confirmará a admisión na actividade.
Programa de actividades:
Os contos de Violeta | Bea Campos, de Migallas Teatro
Á pequena Violeta encántanlle as historias onde os nenos e as nenas poden facer as mesmas cousas. Ela sempre leva unha maleta na que garda os seus libros preferidos para compartir cos nenos e as nenas. Nesta proposta de teatro, contos e música atoparás aventuras que
rompen os estereotipos e os roles asignados tradicionalmente.
Data: sábado 29 de marzo
Hora e lugar: 17:30 h | Salón de actos do Concello de Carnota
Idade recomendada: a partir de 3 anos
Duración: 45 minutos
Entrada libre ata completar a cabida do local.
Nano canta croac | Raquel Queizás
Nano canta croac cando está contento, pero hoxe está moi calado. Que lle pasa a Nano? Ás veces non é fácil saber como nos sentimos. Estamos tristes ou anoxados? Ímolo descubrir. Un conto musical para axudar os/as máis pequechos/as a comprender e expresar como se
senten.
Data: venres 4 de abril
Hora e lugar: 17:30 h | Salón de actos do Concello de Carnota
Idade recomendada: de 1 a 4 anos.
Duración: 35 minutos
Inscrición previa ( cultura@carnota.gal ). Prazas limitadas.
Patapatún tun tun | O Mago Paco
Neste divertido espectáculo O Mago Paco amosa a súa faceta máis tenra para achegarlles o mundo da maxia ás crianzas máis pequerrechas a través de xogos, disfraces, cancións, bonecos e historias. De repente, todo ten maxia. Só hai que berrar ben forte… Patapatún tuntun!
Data: venres 25 de abril.
Hora e lugar: 17:30 h | Salón de actos do Concello de Carnota
Idade recomendada: de 1 a 4 anos.
Duración: 45 minutos
Inscrición previa ( cultura@carnota.gal ). Prazas limitadas.
O cuco veu por acá e marchou por alá | Percubebés
Espectáculo musical participativo e pequeno obradoiro de percusión para bebés e familias, a cargo de Marcelo Dobode e Bea Martínez, dous artistas moi familiarizados coa educación musical na primeira infancia. Con eles, as crianzas e as súas familias adquirirán ferramentas
para a execución musical experimentando con instrumentos diversos (pandeiretas, pandeiros, maracas…) e aprenderán cantiguiñas propias da nosa cultura.
Data: venres 9 de maio
Hora e lugar: 17:30 h | Salón de actos do Concello de Carnota
Idade recomendada: de 1 a 4 anos.
Duración: 45 minutos
Inscrición previa ( cultura@carnota.gal ). Prazas limitadas.
Este programa está organizado polo SNL do agrupamento dos concellos de Carnota eMazaricos, servizo financiado pola Deputación Provincial da Coruña e a Xunta de Galicia.



