O Concello de Carnota abre o prazo de inscrición para o programa Carnota concilia Semana Santa, que se desenvolverá durante as vacacións de Semana Santa, nos días 14, 15, 16 e 21 de abril de 2025.

O prazo de inscrición estará aberto do 10 ao 14 de marzo, e as persoas interesadas poden consultar as bases e presentar a súa solicitude telemática, preferentemente, a través da sede electrónica do Concello ou ben no rexistro descargando a seguinte solicitude.

Para máis información, pódese contactar co Departamento de Servizos Sociais do Concello de Carnota.