O Clube O Jerreiro xunto co Concello de Carnota organizan un programa de rutas de sendeirismo por distintas parroquias do concello os seguintes días:

  • Domingo 9 de febreiro con saída dende a Gándara de Lariño. Track: Ruta por Lariño
  • Domingo 16 de marzo con saída dende Mar de Lira. Track: Ruta por Lira
  • Domingo 6 de abril con saída dende o Concello de Carnota.

As inscricións deberán realizarse antes das 12:00 horas do xoves  previo a cada ruta da seguinte maneira:

  •  SOCIOS: deberán formalizar a inscrición a través do grupo de whasap do clube. Inscrición gratuíta.
  •  NON SOCIOS: no seguinte formulario. O prezo a aboar para as persoas non socias do clube é de 3€ por persoa que se ingresará no seguinte número de conta: ES84 2080 0334 8731 1000 0035. No concepto deberá indicarse o nome/s do/s participante/s e a ruta na que se participa polo menos con 2 días de antelación á celebración da ruta.

Tódalas rutas son circulares, de dificultade media e teñen hora de saída ás 10 AM.