O Departamento de Deportes do Concello de Carnota, o Club de Atletismo Carnota Runners e o Club O Jerreiro, organizan o domingo 23 de febreiro a X Trail Viquinga do Concello de Carnota.
Nesta competición poden participar todas as persoas que o desexen, tanto nenos/as como adultos/as.
A saída de todas as probas efectuarase dende o Pavillón de Lamas de Castelo.
O horario de apertura das mesas para a recollida de dorsais será ás 09:00 h no pavillón de Lamas de Castelo e poderanse recoller ata 15 minutos antes do inicio da proba.
Inscricións
As inscrición realizaranse a través da páxina web www.magmasports.es, ata o xoves 20 de febreiro ás 23:59 h. cun custo de 10€ para as categorías Sénior e M50. No caso dos/as menores de idade deberán ir acompañados dunha autorización dos proxenitores/titores, segundo o modelo establecido pola organización. Dito formulario poderase descargar nesta mesma páxina ou na web www.magmasports.es e tamén estará a vosa disposición no Departamento de Deportes do Concello de Carnota.
Percorridos das categorías infantís
Chupete (2020-2022) 50m
Pitufos (2015-2019) 200m
Cativos I (2011-2014) 1.000m
Cativos II (2007-2010) 3.000m