O Concello de Carnota, en colaboración con @kike_riasbaixas, lanza a campaña “Olas de Sostenibilidad con @guillermocarracedo” co fin de promover o consumo consciente de peixe e fomentar prácticas sostibles entre os/as escolares, destacando a importancia da economía local e a protección do medio ambiente. 

A través dunha serie de actividades educativas e comunitarias, os/as estudantes de primaria dos colexios de Carnota poderán coñecer os beneficios de adoptar hábitos saudables e de respeto co medio ambiente.

A campaña será liderada polo influencer, médico e surfeiro galego @guillermocarracedo, seis veces campión de España e de Europa.

Guillermo Carracedo visitará os colexios do Pindo e de Carnota para impartir charlas educativas sobre a importancia de levar unha dieta saudable e o impacto positivo de consumir produtos locais.

  • O 10 de decembro de 2024 @guillermocarracedo visitará o CEIP de Carnota, onde realizará unha charla co alumnado. Posteriormente, os/as estudantes terán a oportunidade de visitar a exposición “Do Mar e da Terra”, iniciativa da Deputación da Coruña que resalta a importancia do sector primario.
  • O 13 de decembro de 2024 a actividade repetirase no  CEIP do Pindo.

Despois das charlas, o alumnado trasladarase á Confraría de Lira, onde terán a oportunidade de coñecer de cerca a Planta de Procesado do Polvo e a Depuradora de Marisco, aprendendo sobre o seu funcionamento e a relevancia destas actividades na economía local.

A campaña culminará cunha xornada de limpeza de praias entre o 16 e o 19 de decembro de 2024, onde os escolares participarán activamente en manter limpos os mares, tomando conciencia sobre a importancia de protexer os océanos.

A campaña pretende concienciar aos máis novos/as sobre os beneficios do consumo de produtos frescos e de proximidade, así como dar apoio ás confrarías pesqueiras como elemento dinamizador e motor de crecemento económico e concienciar sobre a necesidade de realizar prácticas responsables que protexan os océanos implicando aos/ás estudantes en iniciáticas ecolóxicas e sostibles.