• Este Nadal temos unha programación do máis completa en Carnota para tódolos públicos. 

DURANTE O MES DE DECEMBRO

  • 13 DECEMBRO O agasallo de Farándula Velutina.
    Espectáculo de teatro para público adolescente e adulto dentro da programación cultural de outono NOITES ESPECTACULARES. Salón de actos do Concello de Carnota | 21:00 h.
  • 12, 16 e 18 DECEMBRO: Microconcertos de piano, canto, percusión, guitarra e música tradicional da man do alumnado da Escola de Música Municipal. Aula de usos múltiples da ESMU, situada no andar -1 do Centro Cultural do Viso. A programación completa publicarase nas redes da ESMU.
  • 21 DECEMBRO: Recepción de Papá Noel para a rapazada, no salón de actos do Concello de Carnota, ás 18:00 h.
  • 23 DECEMBRO: O Apalpador e as palabras perdidas de A Xanela do Maxín. Espectáculo de teatro para público familiar, recomendado dende os 3 anos. Salón de actos do Concello de Carnota | 12:00 h.
    26 DECEMBRO: Xogos deportivos con FER. Xornada de xogos deportivos e tradicionais para a rapazada de 6 a 14 anos. Pavillón de
    Lamas de Castelo | 11.00 h -13.00 h. A participación require INSCRICIÓN PREVIA no Departamento de Deportes do Concello de Carnota.
  • 27 DECEMBRO: O Apalpador de Pulpiño Viascón. Espectáculo musical para público miúdo (recomendado de 0 a 4 anos). Salón de actos do Concello de Carnota ás 12:00 h.
  • 28 e 29 DECEMBRO: Mercado de Fin de Ano. Praza de San Gregorio (baixo carpa).

Mercado con postos locais, de 11.00h a 14.30 h e de 17.00 h a 20.30 h.

Actuacións musicais das PANDERETEIRAS DE QUILMAS (CHAN DAS LAMAS), o día 28 ás 13.00 h. e a cargo das PANDEIRETEIRAS DA SOLAINA(ESMU CARNOTA), o día 29 ás 13.00 h,

Obradoiro infantil de Nadal o día 28 ás18.00 h.

Recepción do Carteiro Real para a rapazada o día 29 ás 18.00 h.

  • 29 DECEMBRO: I San Silvestre do Club O Jerreiro, nas modalidades de carreira e andaina.
    As persoas participantes deben acudir disfrazadas e ao remate haberá chocolate con churros para todas elas. Toda a información e inscricións en WWW.CRONOTEC.ES
  • 30 DECEMBRO: As aventuras e Mariña de Galeatro. Espectáculo de narración oral e teatro de monicreques  para público
    familiar (recomendado dende os 4 anos) no salón de actos do Concello de Carnota ás 12:00 h.
  • 31 DECEMBRO: Festa de Fin de Ano. Praza de San Gregorio (baixo carpa). A partir das 00.30 h (despois das uvas), festa rachada coa ORQUESTRA GALILEA e DJ na CABINA CHOCOLATE, ata o amencer. E de madrugada, poderás saborear o tradicional chocolate con churros!
 

 DURANTE O MES DE XANEIRO

  •  02 XANEIRO: Xogos de Nadal. Xornada de xogos por equipos para a rapazada de 3 a 12 anos no pavillón de Lamas de Castelo de  11.00 h – 13.00h.
  • 03 XANEIRO: Canta música de Pablo Díaz.  Espectáculo musical para público infantil e familiar no salón de actos do Concello de Carnota ás 12:00 h.
  • 05 XANEIRO: Ven dar unha volta en tren cos Reis Magos pola túa parroquia!  Un trenciño visitará as 5 parroquias de Carnota coas Súas Maxestades ao longo do día. A rapazada poderá subir e pasear cos Reis pola parroquia dentro do tren durante uns minutos. Terán tempo para falar con eles, recoller doces e saudar a familiares e veciñanza dende o tren. O tren dispón de 23 prazas e realizará as seguintes paradas: O PINDO (no Porto sobre as 11:00 h), SAN MAMEDE (no Campo do Viso sobre as 12.30 h), LARIÑO (no Centro Social Xosé de Torea sobre as 15:45 h), LIRA (diante da Casa do Mar sobre as 15.45 h) e CARNOTA (diante do Concello sobre as 18:00 h). AS HORAS SON APROXIMADAS.

Festa con animación e discoteca móbil, a partir das 17.00 h, no Pavillón de Carnota.

Ás 19:00 h, chegarán as Súas Maxestades, os Reis Magos de Oriente, para atender a todos os nenos e as nenas de Carnota, ata
as 20.00 h.