A Deputación da Coruña organiza unha nova edición da Campaña de neve. Esta iniciativa pretende que os/as rapaces/zas da provincia, entre os 11 e os 15 anos, teñan a oportunidade de iniciarse ou perfeccionar a práctica do esquí na estación invernal de Valgrande-Pajares (Asturias), asemade, participar en diversas actividades deportivas e culturais complementarias.

A actividade terá un custe de 85 euros e inclúe transporte, estadía de tres días en Valgrande-Pajares do 31/01/2024 ao 03/02/2024, clases de esquí, monitores, seguro, alugamento de material, remontes mecánicos e todo o gasto que ocasionen as actividades e cursos programados.

Os requisitos para participar son:

  • Estar empadroados/as no concello.
  • Ter de 11 a 15 anos inclusive (cumpridos a 31 de decembro de 2024).

*Terán preferencia os/as rapaces/zas que non foran a ningunha campaña da neve da Deputación da Coruña con anterioridade.

INSCRICIÓNS

Os/as interesados/as en participar deberán solicitalo previamente no Departamento de Cultura e Deportes do Concello de Carnota.

O prazo de inscrición permanecerá aberto dende o día 8 de novembro ata o 2 de decembro.

A partir do día 3 realizarase o sorteo das prazas.

Unha vez feito o sorteo os/as nenos/as seleccionados/as deberán presentar a seguinte documentación no Departamento de Cultura e Deportes:

  1. Ficha de inscrición debidamente cuberta e asinada polos pais ou titor/a do/a solicitante (dispoñible no concello e na seguinte ligazón: www.dacoruna.gal/deportes
  2. Unha foto tipo carné.
  3. Fotocopia da tarxeta sanitaria.
  4. Fotocopia do carné de identidade ou Libro de Familia.

Máis información en: https://www.dacoruna.gal/deportes/campana-neve/

cartel_Campana_de_Neve_2025