O Concello de Carnota organiza, como xa vendo sendo habitual, un Mercado os días 28 e 29 de decembro de 2024 e unha Festa de Fin de Ano con orquestra e discoteca móbil.

O horario de apertura do Mercado será de 11:00 a 14:30 e de 17:00 a 20:30 e o da Festa de Fin de Ano será de 00:30 a 7:00 h.

Aquelas persoas/empresas interesadas en poñer un posto durante o mercado (comercio, artesanía, restauración, cantina, etc.) deberán presentar a súa solicitude a través do rexistro xeral do Concello de Carnota dende hoxe ata o 11 de novembro de 2024.

Tanto o mercado como a festa celebraranse no interior dunha carpa na praza San Gregorio de Carnota polo que o número de postos e cantinas estará limitado. No caso de que as solicitudes superen o número de postos que por capacidade e organización se poidan instalar no interior da carpa, o Concello realizará un sorteo aberto por cada categoría que terá lugar o 12 de novembro de 2024 ás 12:00 horas no salón de plenos do Concello.