En Carnota, outubro chega con novas propostas do Servizo de Normalización Lingüística (SNL) e a Axencia de Lectura Municipal para a primeira infancia, artelladas dentro do programas Apego e Ler Conta Moito.
As actividades programadas para este mes están recomendadas para familias con crianzas de 6 meses a 3 anos e teñen como obxectivo, ademais de favorecer a crianza e a socialización en galego, achegar as nenas e os nenos ao mundo do libro e da lectura dun xeito lúdico, dende o berce.
A participación é gratuíta, pero as prazas son limitadas (30 persoas), polo que se require inscrición previa (cultura@carnota.gal ou 981106331- Biblioteca), indicando: nome e idade das crianzas, nome das persoas adultas acompañantes (máximo 2) e datos de contacto.
A inscrición pode realizarse ata as 12:00 horas do mesmo día do espectáculo.
Cinco ratiños de conto | Bea Campos, de Migallas Teatro
Espectáculo de contacontos para bebés. Na aldea do queixo fresco os ratiños cantan cancións e escoitan divertidas historias. Sons e texturas apoian a narración e captan a atención dos nenos e nenas nunha proposta sinxela e divertida para gozar en familia.
Data: venres, 18 de outubro
Hora e lugar: 17:30 h | Salón de actos do Concello de Carnota
Idade recomendada: de 6 meses a 3 anos
Duración: 30 minutos
Fíos do querer | Cé Orquestra Pantasma
Espectáculo baseado no libro-disco Fíos do querer (Miudiño), con música, baile, xogos e exploración musical. Tecendo coas agullas máxicas do amor foi medrando Fíos do querer, envoltorio agarimoso dun home orquestra para xogar, cantar e bailar cos nenos e as nenas de colo.
Data: venres, 25 de outubro
Hora e lugar: 17:30 h | Salón de actos do Concello de Carnota
Idade recomendada: de 6 meses a 3 anos
Duración: 30-40 minutos
Actividades financiadas pola Xunta de Galicia, a través do programa de dinamización das bibliotecas públicas “Ler Conta Moito”.