Dende o Concello de Carnota ofertamos as seguintes 𝐀𝐂𝐓𝐈𝐕𝐈𝐃𝐀𝐃𝐄𝐒 𝐃𝐄𝐏𝐎𝐑𝐓𝐈𝐕𝐀𝐒 para o curso 2024/2025.
O prazo de inscrición é a partir do 20 setembro no Departamento de Deportes do Concello de Carnota ou no 647461544.
O curso dará comezo o 1 de outubro coas seguintes actividades:
Actividades para a rapazada:
BAILE ACTIVO
• Idades: a partir dos 3 anos
• Horario:
◦ De 3 a 8 anos: venres de 17:00 a 18:00
◦ De 9 en adiante: venres de 18:00 a 19:00
• Instalación: Pavillón de Carnota
• Cota: 15 €**
FÚTBOL
• Idades: a partir de 3 anos
• Horario:
◦ Biberóns: luns e mércores de 16:30 a 17:30
Instalación: Pavillón de Lamas de Castelo
◦ Prebenxamíns: martes e xoves de 16:30 a 18:00
◦ Benxamíns: martes e xoves de 16:30 a 18:00
◦ Alevíns: martes e xoves de 18:30 a 20:00
◦ Infantís: luns e mércores de 19:30 a 21:00
◦ Cadetes: martes 20:00 a 21:15, mércores de 19:30 a 21:00 e venres de 18:00 a 19:30
Instalación: Campo de Fútbol de Lombáns
• Cota: 10 €
PATINAXE
• Idades: a partir de 3 anos
• Horario:
◦ De 3 a 6 anos: xoves de 16:00 a 17:00
◦ De 7 a 11 anos: xoves de 17:00 a 18:00
◦ De 12 a 16 anos: martes de 17:00 a 18:00
• Instalación: Pavillón de Carnota
• Cota: 5 €
PSICOMOTRICIDADE
• Idades: de 3 a 6 anos
• Horario: martes de 16:00 a 17:00
• Instalación: Pavillón de Carnota
• Cota: 5 €
TAEKWONDO
• Idades: a partir de 3 anos
• Horario: mércores de 16:00 a 17:00
• Instalación: Pavillón de Carnota
• Cota: 20 €**
ATLETISMO
• Idades: 6 a 16 anos
• Horario: mércores de 18:30 a 19:30
• Instalación: Pavillón Lamas de Castelo
BAILE DEPORTIVO
• Idades: 5 a 16 anos
• Horario: Luns 16:30 a 17:30 Pavillón de Carnota
Martes 16:30 a 17:30 e xoves 17:30 a 18:30 Pavillón Lamas de Castelo
• Cota: Gratuíta ata o 15 de novembro
Actividades para adolescentes e adultos/as
ACTÍVATE!
• Horario: martes e xoves de 18:00 a 19:00 ou de 19:00 a 20:00
• Instalación: Pavillón de Carnota
• Cota: 10 €
BAILE ACTIVO
• Horario: martes de 20:15 a 21:00
• Instalación: Pavillón de Carnota
• Cota: 20 €**
ESTIRAMENTOS
• Horario: martes de 21:00 a 21:45
• Instalación: Pavillón de Carnota
• Cota: 15 €*
QUEIMAGRAXAS
• Horario: luns e xoves de 20:00 a 20:45
• Instalación: Pavillón de Carnota
• Cota: 20 €**
XIMNASIA DE MANTEMENTO SUAVE
• Horario:
◦ Martes e venres de 10:00 a 11:00
◦ Mércores de 17:30 a 18:30 e xoves de 16:30 a 17:30
• Instalación: Pavillón de Lamas de Castelo
• Cota: 10 €
XIMNASIO MUNICIPAL
• Idades: a partir dos 16 anos
• Horario: Luns a Venres de 11:00 a 14:00 e de 19:00 a 22:00 e sábados de 10:00 a 14:00
• Instalación: Pavillón de Carnota
• Cota: 10€
*BONIFICACIÓNS
Segundo a ordenanza vixente dos servizos culturais e deportivos podemos aplicar as seguintes bonificacións:
1. Os/as usuarios/as que teñan condición de familia numerosa (50% da cuota tributaria).
2. Persoas que padezan discapacidade en grao igual ou superior ó 33% (50% da cuota tributaria).
3. Persoas que teñan a condición de pensionista ou xubilado (50% da cuota tributaria).
Si o usuario/a concorre os requisitos previstos para a súa aplicación, deberá optar pola aplicación dunha entre as distintas bonificacións das que puidera beneficiarse.
En todo caso, a oficina que efectúe as correspondentes liquidacións, esixirá ó usuario, a documentación que acredite a concorrencia dos requisitos establecidos para aplicar a bonificación.
*PAGOS
Os pagos realizaranse entre o 1 e o 10 de cada mes na conta do Concello ES84 2080 0334 8731 1000 0035, excepto as cotas que están marcadas con 2 asteriscos (**), no que a cota se aboará directamente ao monitor/a.
Descarga o tríptico e a ficha de inscrición.