Recentemente instalaronse 3 contedores “Minipuntoslimpos” en Lira, Carnota e Pindo, coa finalidade de recoller obxectos e materiais que non podemos tirar noutros contedores, favorecendo a separación dos residuos de características especiais, a través dunha adecuada clasificación que facilita a recuperación, reutilización e reciclaxe dos materiais.

Estamos a falar de teléfonos móbiles, pequeno material escolar, cargadores, mandos de TV., cápsulas de café, pilas e cartuchos de impresoras.

Estes contedores foron colocados coa axuda procedente dos Fondos NextGenerationEU, da Unión Europea que foi convocada pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental , Sostibilidade e Cambio Climático, da Xunta de Galicia.