Achégase o verán, as vacacións e o bo tempo. Para gozar de todo isto, o Concello de Carnota xa argallou unha ampla programación con propostas lúdicas, repartidas nos meses de xullo e agosto. Para a maioría delas non hai que inscribirse previamente.

No caso de programar algunha actividade a maiores das xa previstas informarase a través da web do Concello www.carnota.gal ou do  Facebook @concellodecarnota

Aínda que algunhas actividades poden sufrir modificacións ou cancelacións por circunstancias puntuais, a programación de actividades é a que se describe a continuación:

XULLO

• Todo o mes, polas mañás. Campamento de conciliación “Aldea de Verán”, organizado polo Departamento de Igualdade do Concello, para rapazas e rapaces de 3 a 12 anos.
• Do 01 ao 12. IV Campus de Fútbol das Escolas de Fútbol de Carnota, para rapazada nada entre 2009-2017, en horario de 10.00h a 13.00h. Inscrición previa e máis información nos teléfonos 615416137/ 660830982.
• Venres 05: Teatro familiar en Lariño. “Maaaaais Saaabor” con Fran Rei, ás 21.30h
• Martes 09. Contacontos “O aniversario de Don Pericón”, de Marisa Irimia. No campo do Viso, ás 12.00 h.
• Mércores 10. Visita guiada por Lira. Saída ás 9.30 h dende Mar de Lira . Inscrición previa e máis información en www.turismocarnota.com.
• Venres 12. II Festa do Verán, en Pedrafigueira, a partir das 22.00 h.
• Domingo 14. Teatro con Quico Cadaval: “Cadaval conta vacas, guerras, porcos e cregos”, na contorna do Hórreo de Lira, ás 21.30 h.
• Mércores 17. Subida guiada á Moa. Saída ás 9.30 h dende O Fieiro. Inscrición previa e máis información en www.turismocarnota.com
• Xoves 18. Contacontos ilusitrado de Polo Correo do Vento sobre a figura de Luísa Villalta, no Campo do Viso, ás 12.00 h.
• Xoves 18 e Venres 19. Sardiñada e Festa en Caldebarcos (AAVV Xurde Caldebarcos)
• Sábado 20. Festa gastronómica con produtos locais do mar, organizada pola Confraría de Pescadores de Lira, coa actuación da Coral Polifónica MAR DE ARDORA DA ESMU de Carnota. A partir das 12.00 h en Portocubelo
• Sábado 20 e domingo 21. Encontro Monte Pindo. Inscricións e máis información no 699171088 (Asociación Pedramar do Pindo).
• Martes 23. Contada musical con Paco Nogueiras “Canto contigo”, no Campo do Viso, ás 12.00 h.
• Mércores 24. Visita guiada nocturna ao petróglifo das Laxiñas. Saída ás 21.30 h do miradoiro de Lira. Inscrición previa e máis info en www.turismocarnota.com.
• Martes 30. Teatro familiar de Rúa con Vero Rilo e Luis Iglesias: “Cacho animalada”, ás 21.00h, na Praza da Solaina do Pindo.
• Mércores 31. Visita audioguiada polo pobo do Pindo, ás 10.30 h na Confraría do Pindo. Inscrición previa e máis información en www.turismocarnota.com.

AGOSTO

• Todo o mes, polas mañás. Campamento de conciliación “Aldea de Verán”, organizado polo Departamento de Igualdade do Concello, para rapazas e rapaces de 3 a 12 anos. Inscrición previa (prazo de inscrición pendente de determinar).
• Xoves 01. Cine na Rúa. “As Bestas” no Campo do Viso ás 22.00h (para +12 anos)
• Sábado 03. Mamedevisión. Concurso musical dos veciños. Campo do Viso ás 22.00h (ARDC Relámpago)
• Sábado 03. Festa gastronómica con produto local organizada pola Confraría de Pescadores de Lira. Será en Portocubelo a partir das 12:30 h. Sobre as 13.30 h actuará a agrupación Ximiela
• Martes 06. Teatro familiar de Rúa cos Ghazafellos: “As minas do Rei Salomón”, ás 21.30h, na contorna do Hórreo de Carnota.
• mércores 7, xoves 8 e venres 9. Festas de San Mamede, con diferentes actividades deportivas, lúdicas e culturais (Asociación Relámpago de San Mamede).
• Mércores 07. Subida guiada á Moa. Saída ás 9.30 h dende O Fieiro. Inscrición previa e máis información en www.turismocarnota.com
• Venres 09, sábado 10 e domingo 11: Sardiñada e festas no Pindo.
• Sábado 10. Carreira a Pé de Lira, organizada pola Asociación Cultural Canle. Toda a información en canle.org.
• Martes 13. Actuación de Yolanda Eiras e “Fogares de cores”, Teatro familiar e música en directo para facernos pensar, coa temática dos distintos fogares, das distintas familias. no Campo do Viso, ás 12.00 h.
• Mércores 14: Visita guiada nocturna ao petróglifo das Laxiñas. Saída ás 21.30 h do miradoiro de Lira. Inscrición previa e máis info en www.turismocarnota.com
• Martes 20: . Espectáculo con Caxoto e Marc Taeger “Contos debuxados, debuxos contados”. No campo do Viso, ás 12.00 h.
• Mércores 21. Visita guiada por Lira. Saída ás 9.30 h dende Mar de Lira . Inscrición previa e máis información en www.turismocarnota.com
• Venres 23. Maxia de rúa con Jorge Lorenzo, sobre as 19.00 h en Mallou.
• Venres 23. Festa da Cachelada de Mallou, con diferentes actividades lúdicas, culturais e gastronómicas (Asociación Pedras da Area).
• Venres 23 e sábado 24: Festas con diferentes actividades lúdicas en Quilmas (Chan das Lamas)
• Mércores 28. Visita audioguiada polo pobo do Pindo, ás 10.30 h na Confraría do Pindo. Inscrición previa e máis información en www.turismocarnota.com.
• Sábado 31. Festórreo en Lira, organizado pola Asociación Canle. Polo día e ata ben entrada a madrugada co Concerto de O Sonoro de Maxín. Xornada completa de actividades culturais, lúdicas e gastronómicas. Máis información en canle.org.

Descarga o tríptico