Despois de reunirse a comisión de valoración para comprobar as solicitudes coa documentación presentada polas persoas interesadas no campamento “Aldea de Verán 2024”, xa poden consultar a listaxe coas puntuacións obtidas dos/as solicitantes.

O sorteo das prazas entre os/as solicitantes con empate nas puntuacións, ata cubrir a totalidade destas e establecer a orde da lista de agarda, realizarase en acto público o próximo xoves día 30 de maio, ás 09:30h, no salón de actos do Concello de Carnota.