A piques de rematar este curso, o vindeiro 27 de maio abrimos prazo de inscrición na Escola de Música Municipal de Carnota para o curso 2024/2025.

Este ano estiveron matriculados na ESMU 204 persoas, alcanzando máximos históricos. A maior parte deles/as de Carnota ainda que tamén se formou a xente de outros concellos próximos.

Ademáis da formación que se imparte, dende a ESMU foméntase a creación de grupos musicais, que algúns deles xa están triunfando por toda a comarca, incluso por toda Galicia.

Esperámosvos na Escola de Música de Carnota no vindeiro curso!

Descarga a folla de inscrición ou no departamento de cultura do Concello