O Concello de Carnota abre o prazo de inscrición para o campamento de conciliación ALDEA DE VERÁN dende o 20 ata o 24 de maio, ás 14:00horas (ambos incluídos).

O campamento está dirixido á rapazada de 3 a 12 anos.

Os/as interesados/as xa poden consultar as bases e descargar o modelo de solicitude que se deberá presentar no rexistro ou a través da sede electrónica do Concello a partir do vindeiro luns 20 de maio.

Máis información no:

  • Departamento de Servizos Sociais do Concello
  • Teléfono: 981857032, Ext.2