O Concello de Carnota xunto cos concello de Outes, Muros, Lousame e Mazaricos coa financiación do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, pon en marcha un programa de “COMUNIDADES DE INNOVACIÓN RURAL “ proxectos innovadores para construír un rural con futuro.
Os destinatarios son:
- Persoas emprendedoras
- Empresas e persoas autónomas
- Persoas en procura de emprego
- Actores do ámbito público e privado
Ó longo do programa desenvolveranse actividades encamiñadas a:
FORMACIÓN (Áreas de transformación dixital, economía circular, liderazgo modelo de negocio, posta en valor, estratexia de clientes, produto mínimo viable, marketing on-line, financiación).
Posta en marcha dunha INCUBADORA, de asesoría individual de ideas de negocio, acompañamento no deseño e validación de proxectos.
LABORATORIOS DE INNOVACIÓN ABERTA, a través de metodoloxías cocreativas para xerar solucións novas a retos económicos ou socias do territorio.
PLATAFORMA WEB con recursos actualizados para o emprendemento, punto de encontro e traballo colaborativo dunha comunidade rural innovadora.
Eventos de NETWORKING
INFORMACIÓN sobre boas prácticas , casos de éxito e sectores con potencial de crecemento no EMPRENDEMENTO RURAL.
PARA MÁIS INFORMACIÓN, CONSULTE NO DEPARTAMENTO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA DO CONCELLO DE CARNOTA.
: