O ximnasio municipal está aberto para todas as persoas maiores de 16 anos que desexen realizar actividade física nun espazo equipado e accesible.

 

Horario de apertura

De luns a xoves: de 09:00 a 13:00h e de 19:00 a 22:00h
Venres: de 09:00 a 12:00h e de 19:00 a 22:00h

 

Cota mensual

Importe: 10 €
Forma de pago: obrigatoriamente na conta do Concello de Carnota IBAN: ES84 2080 0334 8731 1000 0035 📅 Prazo: entre os días 1 e 10 de cada mes ✍️ Concepto: nome e apelidos da persoa participante + “XIMNASIO”

 

Bonificacións

Segundo a ordenanza vixente, poderán beneficiarse dunha redución do 50%:

Familias numerosas
Pensionistas ou xubilados/as
Persoas con discapacidade igual ou superior ao 33%

 

Baixas e modificacións

As solicitudes de baixa ou modificación deberán presentarse obrigatoriamente a través do rexistro xeral ou da sede electrónica do Concello de Carnota.

 

Acceso de menores

Os/as menores de idade maiores de 16 anos poderán acceder ao ximnasio sempre acompañados/as por unha persoa adulta responsable.

 

Localización

As instalacións están situadas no segundo andar do pavillón de Carnota.

 

Inscrición

A inscrición pode formalizarse:

  • Presencialmente no Concello de Carnota ou no propio ximnasio
    A través da sede electrónica

 

Descarga a ficha de alta/baixa no ximnasio.