O Concello de Carnota foi beneficiario do Programa FOIC: Programa de subvencións a concellos e outras entidades locais para a adquisición de vehículos para os desprazamentos do persoal SAF. 

O pasado 19 de xaneiro fixéronnos a entrega do vehículo para o desprazamento do persoal do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) subvencionado por un importe de 20.000 €, estando financiado o 100% pola Deputación Provincial da Coruña.

Na entrega estivo presente o representante da empresa Zina Movil SL Fabio Santiago Rial e o Alcalde de Carnota Juan Manuel Saborido.