O Concello de Carnota foi beneficiario do Programa FOIC: PROGRAMA DE SUBVENCIÓNS A CONCELLOS E OUTRAS ENTIDADES LOCAIS PARA A ADQUISICIÓN DE VEHÍCULOS PARA OS DESPRAZAMENTOS DO PERSOAL SAF.
Deste xeito, obtivemos unha subvención para a adquisición dun vehículo para o desprazamento do persoal do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) por un importe de 20.000 €, estando financiado o 100% pola Deputación Provincial da Coruña.