O Departamento de Cultura, Turismo e Deportes presenta a programación de actividades que temos preparadas para o verán 2023. Nela van engadidas tamén algunhas festas populares organizadas por asociacións e/ou comisións de festas.

No caso de que se programen actividades a maiores das que aquí se reflicten no tríptico, serán anunciadas puntualmente a través da páxina web e das redes sociais municipais.

A proposta de actividades ven cargada de actividaes lúdicas, culturais e de ocio, repartidas nos meses de xullo e agosto e soamente se haberá que inscribir previamente aquelas que así o indiquen no tríptico.

As actividades propostas poderán sufrir modificacións ou cancelacións por circunstancias xustificadas. Toda a información permanecerá actualizada na web do Concello (www.carnota.gal) e da páxina de Facebook @concellodecarnota.

Consulta ou descarga o tríptico.