Abril é o mes do libro e no Concello de Carnota celebrarémolo con dúas actividades lúdicas e culturais para público infantil e familiar, destinadas a promover a lectura e favorecer a socialización en galego na infancia.
A nena que comía todos os contos | Trémola Teatro
Espectáculo de narración oral en lingua galega para promover o gusto polos libros e a lectura e favorecer a socialización en galego na infancia.
Elisa quería ser a nena máis lista do mundo e sabía que a clave estaba nos libros, pero en lugar de lelos, comíaos! Coa axuda do público, resolverá o engano.
Data: sábado, 15 de abril.
Horario: 17:00 h.
Lugar: salón de actos do Concello de Carnota.
Bichocas |Xarope Tulú
Espectáculo conducido por Atenea García, onde os obxectos e a palabra nos permitirán viaxar a través do mundo animal e aprender, coas protagonistas destas historias, a importancia da diversidade e a posibilidade de compartir os afectos.
Entre os obxectivos de Bichocas están estimular a creatividade individual e colectiva, incentivar á observación activa das crianzas, favorecer a socialización en galego na primeira infancia e recoñecer a riqueza léxica do noso idioma.
Data: sábado, 22 de abril.
Horario: 17:00 h.
Lugar: salón de actos do Concello de Carnota.
Estas actividades están organizadas polo Servizo de Normalización Lingüística (SNL) da agrupación dos concellos de Carnota e Mazaricos, co financiamento da Deputación Provincial da Coruña.Os dous espectáculos están destinados a familias con crianzas a partir de 3 anos.
A entrada é libre, ata completar a capacidade do local.