Como xa ven sendo habitual, o programa do Víndemo Ver-Mercado da Deputación, inclúe unha ruta temática que mezcla deporte con cultura e tradición, que terá lugar o sábado 8 de abril ás 9:30 da mañá dende o hórreo de Carnota.

A ruta será circular de arredor de 9 km e de dificultade baixa onde os/as participantes poderán ver distintos exemplos de arquitectura popular vinculadas á explotación do millo, como hórreos, muíños, eiras, etc. No transcurso da ruta poderanse ver tamén algunhas escenas típicas de principios do S.XX protagonizadas pola Asociación Folclórica Ximiela.

As persoas interesadas en participar deberán inscribirse no seguinte formulario antes do 28 de marzo.