A compañía A Xanela do Maxín recalará en Carnota o próximo sábado con “Lúa quere viaxar a… Marte!”, un espectáculo narración oral con monicreques para promover a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e favorecer a socialización en galego na infancia.
Despois de dar a volta ao mundo, Lúa sorprende a familia e amizades cunha gran nova: agora quere ir a Marte! Malia todos os atrancos e dificultades, Lúa non está disposta a renunciar ao seu soño de ser astronauta e fará todo o posible para logralo e poder así viaxar a Marte. 
Hai e houbo grandes mulleres científicas, investigadoras e astronautas, que son o referente de Lúa para seguir adiante e enfrontarse aos impedimentos que se lle queren impoñer.

Data: sábado, 11 de marzo.

Horario: ás 17:00 h (duración aproximada 35 minutos).

Lugar: salón de actos do Concello de Carnota.

Persoas destinatarias: espectáculo para público familiar, recomendado para crianzas a partir dos 3 anos.

Organiza: Servizo de Normalización Lingüística.

Entrada libre, ata completar a capacidade do local.