Dende o Departamento de Cultura informámosvos da programación do Entroido 2023 no Concello de Carnota:

Venres 17 de febreiro, ás 21.00h, no Salón de actos do Concello de Carnota:

Monólogo con Quico Cadaval, “Fantasmas familiares”.

Teatro unipersoal a cargo do gran Quico Cadaval, para público adolescente e adulto.

Entrada libre e sen necesidade de inscrición previa.

Sábado 18 de febreiro:

Batucada pola vila. Un grupo de persoas pertencentes a Asociación Cultural O Patín, ataviadas cos seus instrumentos de percusión, paseará con ritmo e sabor polos bares e as rúas dos nosos lugares.

Comezarán no Pindo pola mañá, sobre ás 12.30 h, e pouco a pouco irán visitando todas as parroquias, ata acabar arredor das 19.00 h en Carnota, para unirse á nosa Festa de Entroido.

As horas previstas aproximadas son:

Festa de Entroido : Novidade!!!! FESTA HOLI EN BRANCO. Trátase dunha tarde distinta na praza de Carnota (se o tempo o permite).

-Comezaremos ás 16.30 h con dous obradoiros de entroido para a rapazada, un de BATUCADA (onde cada participante terá que traer da casa unha botella de auga de 5 litros ou un bote de pintura baldeiro) e outro de COMPLEMENTOS DE ENTROIDO.

-Sobre as 17.30 dará comezo a FESTA HOLI PARA TODAS AS IDADES. Para isto é imprescindible que todas as persoas participantes veñan vestidas de branco (temática eivisenca), coa idea de que as roupas queden cheas de cores ao final da tarde, e traerán un vaso de cartón da casa. Trátase dunha festa onde a xente bailará ao son da música mentres que do ceo caerán centos de pigmentos de cores, para ao final quedar corpos e roupas cheos de po colorido. Seguidamente daremos un paseo en familia ó redor do Concello moi especial e divertido, con lanzamento de foguete incluído. Na festa haberá churros e un posto doce a prol da ANPA do CEIP de Carnota.

Se chove ou venta demasiado, iremos para o pavillón de Carnota, coa mesma idea, agás a Festa Holi, que non se pode facer no interior. Neste caso teriamos os obradoiros, música e inchables. Logo, asistiremos á chegada da batucada para o concurso de comparsas.

-Sobre as 19.15h chegarán á praza os membros da BATUCADA para abrir o desfile de COMPARSAS OU ENTROIDOS GRUPAIS (ollo! Só grupais, o concurso de disfraces individuais será o mércores. As persoas interesadas en participar no desfile de comparsas non deben participar na Festa Holi porque lles quedarían danadas as vestimentas do concurso). As comparsas participantes traerán a música que precisen en Mp3. Valorarase a regueifa, a posta en escena da actuación e o divertida que poida ser. O grupo debe ser dun mínimo de 6 persoas. As inscricións débense realizar esa tarde, na praza, entre as 16.00 h e as 18.30 h.

Esa mesma tarde no Pindo, haberá un desfile da comparsa “Os tunos” e de entroidos libres dende as 17.00 h polas rúas da parroquia, organizado pola ACDR Pedramar.

A partir das 21.00 h, festa rachada no local social do Porto con DJ e lacoada. As persoas interesadas en participar poden chamar ao 699 171 088.

Luns 20 de febreiro, ás 11.30 h, no salón de actos do Concello:

Contacontos musicado de Teatro Calavera, con “Animaladas na selva”. Para público familiar a partir dos 3 anos.

A actriz Marián Rei interpreta nesta ocasión á científica Jeanne Baret, a primeira muller que lle deu a volta ao mundo enrolada na expedición francesa de mediados do século XVIII que encabezou Louis Antoine de Bougainville. Baret fíxose pasar polo axudante do botánico de a bordo, Philibert Commerson, e hoxe sábese que foi ela quen fixo a maior parte do traballo de catalogación das especies descubertas durante os tres anos que durou a viaxe.

Baret proporalle á rapazada de entre 3 e 10 anos unha apaixonante aventura cargada de humor e música, que escolma algúns dos contos máis coñecidos protagonizados por animais, reivindicando ao mesmo tempo unha figura clave da historia da ciencia.

Martes 21 de febreiro, de 11.30 h a 13.30h, no pavillón de Lamas de Castelo:

Xogos deportivos 3x3 con Fernando.

A rapazada de 6 a 16 anos debe presentarse en equipos de 3 para formar os xogos.

Mércores 22 de febreiro, ás 11.30 h, no pavillón de Carnota:

Obradoiro de maquillaxe de entroido e máscaras para a rapazada, con xogos e música.

Sobre as 12.45 h faremos un CONCURSO DE DISFRACES INDIVIDUAIS para toda a rapazada que queira participar. Realizaremos un desfile ata a praza e haberá tres premios para os disfraces máis orixinais e divertidos.

E sobre as 13.30h daremos por rematado o Entroido 2023!!!!!

* Non haberá actividade na Escola de Música nin Escolas Deportivas os días luns 20, martes 21 e mércores 22.

O xoves 23 retomaranse todas as actividades nos horarios habituais.