Dende o Departamento de Cultura, Turismo e Deportes do Concello de Carnota, convidámosvos a participar nas seguintes actividades incluídas dentro da programación de Nadal:

  • 02 DECEMBRO: Xogar e aprender en galego mola! Música, xogos e moita diversión con Gemola (Deza Music) para público infantil e familiar (4 a 11 anos). No salón de actos do Concello ás 17.30h. Actividade da Rede de Dinamización Lingüística.
  • 15, 19 e 21 DECEMBRO: Microconcertos de piano, canto, percusión, guitarra e música tradicional da man do alumnado da Escola de Música Municipal. Actividade na ESMU de Carnota, na aula multiúsos situada no andar -1 do Edificio Cultural do Viso. Consultar toda a programación nas redes da ESMU.

  • 16 DECEMBRO: contada do gran Quico Cadaval. “Fantasmas familiares”, actuación para público adolescente e adulto, dentro da programación cultural de outono, NOITES ESPECTACULARES. No salón de actos do Concello, ás 21.00 h.

  • 17 DECEMBRO: Obradoiro de coidados e tratamento da voz. A profesional Carmen Rey imparte este obradoiro para alumnado e profesorado da Escola de Música Municipal. Na ESMU, de 11.00 a 14.00h. Inscrición previa.

  • 22 DECEMBRO: recepción de Papá Noel para a rapazada no Pavillón de Carnota, ás 18:00 h. Haberá unha chocolatada, que correrá a cargo da ANPA do CEIP de Carnota.

  • 23 DECEMBRO: teatro de monicreques con A Xanela do Maxín. “O Apalpador e a nena sen medo”, espectáculo para rapazada de 3 a 9 anos. No salón de actos do Concello ás 11.30 h. Duración aproximada: 35 minutos.

  • 26 DECEMBRO: música e Teatro con Mamá Cabra. “Arrolos”, música en directo para bebés e familias, de 0 a 3 anos. No salón de actos, ás 11.30 h. Duración aproximada: 40 minutos.

  • 28 DECEMBRO: Danza Urbana. Para a xuventude adolestecente.De 15.30 a 17.30h no Pavillón de Carnota.

  • 29 DECEMBRO: narración oral con Caxoto. “O Apalpador conta con vós”, sesión de contacontos para toda a rapazada que queira coñecer as historias do Apalpador. No salón de actos do Concello, ás 11.30 h. Duración aproximada: 60 minutos.

  • 30 e 31 DECEMBRO: Mercado de Fin de Ano. Na praza de San Gregorio, baixo carpa, instalarase un mercado con postos locais en horario de 11.00 a 14.30 h e de 17.00 a 20.30 h (o día 31 só pola mañá).

Haberá actuacións musicais a cargo das PANDEIRETEIRAS DA ESMU, os dous días sobre as 13.30 h, e do CORO DE CHAN DAS LAMAS, o día 30 sobre as 19.00h. Haberá tamén unha recepción do Carteiro Real para a rapazada o día 30 ás 17.30 h.

  • 30 DECEMBRO: actividade de “Deporte na rúa”, de 10.00 a 13.00 h. A partir dos 6 anos, a rapazada poderá xogar a tiro con arco, bádminton, tenis, pimpón, minifútbol e outras actividades ao aire libre na praza de Galicia, se o tempo o permite; se non, no Pavillón de Carnota.

  • 30 DECEMBRO: teatro unipersoal da man de Avelino González. “Canto conto hai aquí”, actuación para público adolescente e adulto, dentro da programación cultural de outono, NOITES ESPECTACULARES. No salón de actos do Concello, ás 21.00 h.

  • 31 DECEMBRO: Gran Festa de Fin de Ano. A partir da 01.00 h (despois das uvas), festa rachada coa orquestra Gran Parada e a discoteca móbil CDC, na carpa que se situará na praza de Carnota. E de madrugada, poderás saborear o tradicional chocolate con churros!!!!

  • 03 XANEIRO: Duendesico Monicreques con “Tolo conto de Nadal”. Ao remate, segue a animación con obradoiros, música, emisarios das Súas Maxestades, etc. No salón de actos do Concello, de 11:30 h a 13.30h

  • 04 XANEIRO: Xornada de Deportes Alternativos. Xogos cos deportes menos coñecidos coma o kin-ball ou o datchball no Pavillón de Carnota, de 11.00h a 13.00h, para a rapazada de 3 a 12 anos.

  • 05 XANEIRO: Ven dar unha volta en tren cos Reis Magos pola túa parroquia! Un trenciño visitará as 5 parroquias coas Súas Maxestades ao longo do día. A rapazada poderá subir e pasear cos Reis pola parroquia dentro do tren durante uns minutos. Terán tempo para falar con eles, recoller doces e saudar a familiares e veciñanza dende o tren. O tren dispón de 23 prazas e realizará as seguintes paradas: O PINDO (no Porto sobre as 11:00 h), SAN MAMEDE (no Campo do Viso sobre as 12.30 h), LARIÑO (no Centro Social Xosé de Torea sobre as 15:30 h), LIRA (diante da Casa do Mar sobre as 16.30 h) e CARNOTA (diante do Concello sobre as 18:00 h). AS HORAS SON APROXIMADAS.

Festa con animación e discoteca móbil, a partir das 17.00 h, no Pavillón de Carnota. Ás 19:00 h, chegarán as Súas Maxestades, os Reis Magos de Oriente, para atender a todos os nenos e nenas de Carnota, ata as 20.00h.

BO NADAL !!!!!!!!!