O Concello de Carnota ven de celebrar a VIII edición da Trail Viquinga o pasado domingo 20 de novembro. O número de inscricións este ano superou con creces o de edicións anteriores chegando a alcanzar os 351 inscritos/as con un alto nivel de participación.

Esta carreira que acostumaba celebrarse na praza San Gregorio de Carnota durante a mostra de promoción local Víndemo Ver, celebrouse este ano, por primeira vez, en Lamas de Castelo no mes de novembro. A saída e chegada realizouse no pavillón de Lamas de Castelo onde tivo lugar tamén a entrega de trofeos por parte do alcalde, Juan M. Saborido e do concelleiro José Manuel González. Os premiados foron galardonados con unha figura dun casco Viquingo elaborado por Adisbismur.

Durante toda a mañá do domingo celebráronse distintas probas empezando pola trail longa e finalizando polos chupetes.

O primeiro en completar a proba de 22,5km foi Daniel Paz Pardo con un tempo de 2 horas e un minuto. Na categoría femenina a gañadora foi María Fabeiro Romero cun tempo de 2’40”.

Na carreira de 12,5 km o gañador foi Manuel Pais que completou o traxecto en unha hora catro minutos. A gañadora femenina nos 12,5 km foi Lidia Rodríguez Carracedo cun tempo de 1’26”.

Na categoría Cativos II o gañador absoluto foi Pablo Lestón Uhía e a gañadora Eva Formoso Recarei e en Cativos I os primeiros en alcanzar a meta foron Leo Mosqueira Lago e Ainara Núñez Lado na categoría femenina.

Os resultados das diferentes probas podédelos consultar en Galitiming e as fotografías no facebook @ConcellodeCarnota e en @PraiadeCarnotaRunners.