Este fin de ano a praza de San Gregorio de Carnota engalanarase para celebrar a Festa de Fin de Ano. Durante os días 30 e 31 terá lugar un mercado onde a veciñanza e visitantes poderán mercar os agasallos de Reis.   

O horario do mercado será de 11:00 a 14:30 e de 17:00 a 20:30 o venres 30 de decembro e de 11:00 a 14:30 o sábado 31 de decembro.
Durante a xornada do  venres contaremos tamén cas seguintes actuacións:

13:30 PANDERETEIRAS DA ESMU
17:30 RECEPCIÓN DO CARTEIRO REAL
19:00 CORO DE CHAN DE LAMAS

E o sábado 31:

13:30 PANDERETEIRAS DA ESMU

E a partir da 1:00 a FESTA DE FIN DE ANO coa orquesta Gran Parada e ca discoteca móbil CDC.

Ao finalizar a festa os/as asistentes poderán tomar o tradicional chocolate con churros na mesma praza.

O Concello de Carnota porá a disposición dos/as asistentes un servizo de transporte público, con saída a 1:30 dende Muros e O Ézaro e ás 2:30 dende Lariño, que realizará paradas nas distintas parroquias. Tamén haberá servizo de transporte dende Carnota con dirección Muros e O Ézaro unha vez finalizada a festa.