O Concello de Carnota organiza un mercado os días 30 e 31 de decembro de 2022 e unha festa de fin de ano con orquestra e discoteca móbil.

Tanto o mercado como a festa celebraranse nunha carpa na praza San Gregorio de Carnota.

Aquelas empresas interesadas en poñer un posto durante o mercado (comercio, artesanía, restauración, etc.) deberán facer a solicitude no rexistro xeral do Concello de Carnota antes do 15 de novembro.

Consulta o bando informativo