Despois de dous anos de ausencia por mor da pandemia, o Concello de Carnota retoma a Trail Viquinga, con percorridos para todas as idades. A VIII Trail Viquinga terá lugar o domingo, 20 de novembro e está organizada polo Concello de Carnota e o Club Praia de Carnota Runners, coa colaboración do Club Ciclista 40”ss. 

Este ano, como novidade, haberá dúas distancias, unha distancia longa de aproximadamente 22km e unha distancia curta de 12,5km cun desnivel maior de 1000 para as categorías senior e M50. Ademais, a saída de todas as probas efectuarase dende Lamas de Castelo.

O horario de apertura das mesas para a recollida de dorsais será ás 09:00 h no pavillón de Lamas de Castelo e poderanse recoller ata 15 minutos antes do inicio da proba.

Inscricións

As inscricións realizaranse a través da páxina web www.galitiming.com, ata o martes, 15 de outubro ás 23:59 h. cun custo de 5€ para as categorías Sénior e M50. No caso dos/as menores de idade será gratuíta. A solicitude de inscrición para os/as deportistas menores de idade deberá ir acompañada dunha autorización dos proxenitores/titores, segundo o modelo establecido pola organización. Dito formulario poderase descargar nesta mesma páxina ou na web galitiming.com e tamén estará a vosa disposición no Departamento de Deportes do Concello de Carnota.

Percorrido e track Sénior e M50

TRAIL LONGA

TRAIL CURTA

Percorridos das categorías infantís

Chupete (2020-2022) 50m

Pitufos (2015-2019) 200m

Cativos I (2011-2014) 1.000m

Cativos II (2007-2010) 3.000m