O Concello de Carnota organiza un programa de andainas durante os meses de outubro, novembro e decembro que inclúe as seguintes:

CARNOTEANDO POR O PINDO E QUILMAS
• Data: 23 de outubro.
• Ruta circular: con inicio e fin no porto do Pindo
• Hora de saída: 9:30 am
• Itinerario: Porto do Pindo – Os Mouchos – O Pindo – porto de Quilmas – Quilmas – Chan de Lamas – Porto do Pindo
• Distancia: 12 km

CARNOTEANDO POR CARNOTA E PEDRAFIGUEIRA
• Data: 6 de novembro.
• Ruta circular: con inicio e fin no Concello de Carnota
• Hora de saída: 9:30 am
• Itinerario: Concello de Carnota – petróglifo da Laxe Escrita – Senda Verde direción Pedrafigueira – inmediacións da Fervenza de Pedrafigueira e do Bico do Santo – Nóutigos – Concello de Carnota
• Distancia: 12 km

CARNOTEANDO POR LARIÑO E LIRA
• Data: 11 de decembro
• Ruta circular: con inicio e fin na antiga escola unitaria de Lariño
• Hora de saída: 9:30 am
• Itinerario: A Gándara – Senda Verde – Martiaño – Lira – Hórreo de Lira – Mar de Lira – Praia de Lariño – Á Gándara.
• Distancia: 16 km

As inscricións serán de balde e formalizaranse a través do Qr ou do seguinte enlace: inscricións