Unha brigada composta por un total de 14 persoas encargarase da limpeza das praias de Carnota durante os meses de verán. O Concello acaba de rematar a contratación temporal do persoal que se ocupará do coidado dos areais.

Distribuiranse en 3 grupos de traballo, o cal consistirá na limpeza manual de todos e cada un dos areais, así como as áreas lindeiras a estes, a fin de manter en óptimas condicións de uso a zona de costa e preservar o valor natural e ecolóxico dos espazos e areais que conforman a fachada litoral do concello de Carnota.

O programa MA100, de subvencións para a limpeza de praias marítimas, dirixido aos concellos da Provincia da Coruña durante o exercicio 2022, está financiado ao 100% pola Excelentísima Deputación da Coruña.