O pasado mes de outubro o persoal do Museo Arqueolóxico Aberto detectou unha agresión no petróglifo de Prousos Magos II. Os feitos foron denunciados ante a Policía Local e comunicados ao Servizo de Vixilancia e Inspección da Dirección Xeral do Patrimonio Cultura. Lamentablemente, estes actos volveronse a repetir. A semana pasada constatáronse novas agresións con danos evidentes nos petróglifos da Laxe Escrita e novamente no de Prousos Magos II.

Algúns dos motivos gravados orixinalmente na Idade do Bronce, foron repasados en ámbolos dous petróglifos o cal provoca un grave deterioro na súa superficie orixinal. Estos actos así como calquera outra alteración no ben constitúen un delito contra o patrimonio.

Nas mesas interpretativas situadas no Museo Arqueolóxico Aberto, a pé de cada xacemento, ademais da información relativa ao petróglifo, indícase que está totalmente ????????? riscar os gravados con xiz, pedras ou calquera outro obxecto.

De todos e todas nós depende coidar e conservar o noso patrimonio.