O vindeiro sábado 11 de xuño terá lugar a XXIX edición da Carreira das Areas.  A proba, incluída dentro do circuito Correndo pola Costa da Morte, é unha das carreiras populares con máis atractivo da zona. O número total de inscritos/as  foi de 825.

Este ano as probas terán lugar de tarde en lugar de pola mañá como viña sendo habitual pero a gran novidade é que que desta edición a carreira de 3K ten prevista a saída dende a praia de Carnota onde os participantes recorrerán 1,5 km polo areal. A saída e a meta do resto de probas farase dende o enclave do Hórreo de Carnota. Alí terá lugar tamén a entrega de premios.

Consulta o horario das probas, regulamento e máis información en:

AVISOS PARA O SÁBADO 11 DE XUÑO

Realizaranse cortes parciais de tráfico entre as 17:00h e as 22:30h nas seguintes localizacións de Carnota:

  • Rúa da Igrexa
  • Rúa Santa Comba
  • Acceso á praia

Queda prohibido aparcar diante da Casa da Xesteira.

Solicítase que os animais domésticos non estean ceibos no horario e tramos indicados.

Agradecemos a colaboración da veciñanza e visitantes durante a proba deportiva.