O Concello de Carnota abre o prazo de inscrición para o campamento de conciliación ALDEA DE VERÁN dende o 23 ao 27 de maio.

O campamento vai dirixido a nenos e nenas de idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos.

Para solicitar a inscrición os/as interesados/as deberán facelo preferentemente de forma telemática a través da Sede Electrónica do Concello de Carnota ou poden descargar o impreso de solicitude e presentalo no Rexistro Xeral do Concello xunto coa documentación xustificativa.

Para máis información pode dirixirse ao departamento de Servizos Sociais do Concello ou chamar ao 981857032.

Consulta as bases aprobadas por resolución de alcaldía o día 20/05/2022.