? Mércores 5 de xaneiro
 17:00 a 19:00
? No salón de actos do Concello

Por responsibilidade e seguindo as últimas recomendacións preventivas da #COVID19, vémonos na obriga de suspender a Cabalgata de Reis e a festa infantil que se ía celebrar no Pavillón de Carnota.
Pero os nosos pequenos e pequenas non van quedar sen entregarlles as cartas ás Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente, xa que estarán con nós un par de horas na Casa do Concello

Pedimos #sentidiño para que a actividade se desenvolva de maneira responsable e de acordo coas medidas preventivas vixentes. Apélase á responsabilidade individual no cumprimento destas medidas, como son mantemento das distancias, a utilización da máscara, tanto en interior como no exterior, e o lavado ou desinfección frecuente de mans.