O pasado venres día 10 de decembro tivo lugar a sinatura do convenio entre o Concello de Carnota e Stolt Sea Farm a que asistiron o alcalde Juan M. Saborido Rama, o director de Sostenibilidade e Medio Ambiente, Carlos Tavares e o presidente de Stolt Sea Farm Iberia, Jordi Trías. A multinacional ten previsto a realización dun programa de visitas guiadas polas súas instalacións co fin de dar a coñecer o proceso de cría e manufacturado dos peixes planos que traballan.

As actividades irán destinadas a alumnas e alumnas de primaria  do CEIPS de Carnota e do Pindo e tamén ao alumnado da Escola de Música Municipal e estarán coordinadas polo Concello.

O convenio, por importe de 10.000€ anuais, terá unha duración de 4 anos prorrogable anualmente.