O pasado día 21 de novembro tivo lugar a selección das fotografías que participaron no III Concurso de Fotografía Mariñeira organizado polo Concello de Carnota.
O xurado, atendendo a criterios de creatividade e calidade técnica, seleccionaron doce (12) obras finalistas das cales resultaron premiadas as seguintes:

1º PREMIO: “O faro e a lúa”, de Carlos Castro Abeledo
2º PREMIO: “Barullo na Insuela ”, de Manuel Alvedro Silveira
3º PREMIO: “Senda esmeralda al olimpo”, de Jose Antonio Blanco Insua

O alcalde, Juan Manuel Saborido, facía a entrega de premios esta mañá no Concello. Os gañadores procedentes de Santiago, Arteixo e A Coruña recibiron os vales para gastar nos negocios carnotáns por valor de 40€ para o terceiro premio, 60€ para o segundo premio e  100€ para o primeiro premio. 

Tamén facía entrega dunha peza de cartón pedra de Charamusca a Quino Pais por recibir a súa obra “Lobeira entre alas” a mellor valoración na categoría de fotografía de autor local. 

“O faro e a lúa” de Carlos Castro Abeledo

“Senda esmeralda al olimpo de Jose Antonio Blanco Insua

“Barullo na insuela” Manuel Alvedro Silveira

“Lobeira entre alas” de Quino Pais

Ademáis dos gañadores resultaron finalistas as seguintes obras:

  • “Mar de pedras” de Noemi Crespo Chouza
  • “Mosaico Natural” de Jose Antonio Blanco Insua
  • “El ocaso de los dioses” de Jose Antonio Blanco Insua
  • “Sal e Terra” de  Evi José Pérez Riveiro
  • Centinela do mar do Pindo de Nanci Bermúdez Piñeiro  
  • Maruxía na Boca do Río de Rafael Quintans Canosa
  • 42.837707, -9.102306, entre Carrofeito e a Boca do Río de Noemi Crespo Chouza
  • Solpor na Boca do Río de Ramón Uhía
  • Mar de Caldebarcos de Manuel Alvedro Silveira