Dende os Departamentos de Cultura e Deportes convidamos a toda a rapazada (e a que non o é, tamén) a partircipar nas actividades culturais-lúdico-deportivas que temos argalladas para as vacacións do Nadal.

Nestes momentos o aforo é completo, polo que non fai falla inscribirse nas actividades, agás para as deportivas do día 22 de decembro.

• 13, 15 e 16 DECEMBRO: Microconcertos de piano, canto, percusión, guitarra e música tradicional da man do alumnado da Escola de Música Municipal. Actividade na ESMU de Carnota, na aula multiúsos, no andar -1 do Edificio Cultural do Viso. (Consultar toda a programación nas redes da ESMU)

• 17 DECEMBRO: Teatro con Isabel Risco, Fran Rei e Pedro Brandariz, “Papar sen cancelas”. Actividade para público adolescente e adulto, dentro da programación cultural de outono, NOITES ESPECTACULARES. No salón de actos do Concello, ás 21.00 h.

• 20 DECEMBRO: Presentación do libro O toque pechado, de Pablo Seoane. Levarase a cabo no Centro Sociocultural do Viso, na aula multiúsos, no andar -1, ás 18.00h.

• 22 DECEMBRO: Torneo de deportes de raqueta (tenis, tenis de mesa e bádminton). Para rapazada de 1º de primaria en adiante. No Pavillón de Lamas de Castelo, de 10.30h a 14.00h. Imprescindible inscrición previa antes do 15 de decembro.
Recepción de Papá Noel para toda a rapazada no pavillón polideportivo de Carnota, de 19:00 h a 21:00h. Haberá unha chocolatada, que correrá a cargo da ANPA do CEIP de Carnota, na praza mentres se esperan as quendas para que Papá Noel nos reciba.

• 23 DECEMBRO: Teatro e música cos Apalpadores, “Papá Noel e os seus elfos”. Actividade para rapazada dende os 3 aos 10 anos. No salón de actos do Concello ás 11.30 h.

• 27 DECEMBRO: Iulius XIII preséntanos o seu “Atípico concerto de Nadal”. Música en directo para público familiar, sen límite de idade. No salón de actos, ás 11.30 h.

• 28 DECEMBRO: Tarabelos Teatro, “Un nadal cheo de contos”. Sesión de monicreques de mesa e contacontos para rapazada de 3 a 9 anos. No salón de actos, ás 11.30 h.

• 29 DECEMBRO: Lilá Teatro co espectáculo “O Cachopo máxico”, unha alegre interpretación do Nadal dende a perspectiva dos costumes galegos máis antigos, que cuestiona a influencia da modernidade sobre a cultura popular e reivindica os bos saberes ancestrais. No salón de actos do Concello, ás 11:30 h; para público familiar.

• 30 DECEMBRO: Musicreques con “O quebranoces”, conto musicado para bebés de ata 4 anos. No salón de actos do Concello, ás 11.30 h.

• 03 XANEIRO: Mere Clown con “O Axudante de Papá Noel”. Actividade de teatro circense da man de Moc Moc, para público familiar. No salón de actos do Concello, ás 11:30 h.

• 04 XANEIRO: Xandobela con “Contos e Cantos para o tempo de Nadal”. Actividade teatral e musical para público familiar e rapazada maior de 4 anos. No salón de actos do Concello ás 11:30 h

• 05 XANEIRO: Ven dar unha volta en tren cos Reis Magos pola túa parroquia! Un trenciño visitará as 5 parroquias coas Súas Maxestades ao longo do día. A rapazada poderá subir e pasear cos Reis pola parroquia dentro do tren durante uns minutos. Terán tempo para falar con eles, recoller doces e saudar a familiares e veciñanza dende o tren. O tren dispón de 23 prazas e realizará as seguintes paradas: O PINDO (no Porto sobre as 11:00 h), SAN MAMEDE (no Campo do Viso sobre as 12.30 h), LARIÑO (no Centro Social Xosé de Torea sobre as 15:30 h), LIRA (diante da Casa do Mar sobre as 16.30 h) e CARNOTA (diante do Concello sobre as 18:00 h). AS HORAS SON APROXIMADAS.

Festa con animación e discoteca móbil, a partir das 5 da tarde, no Pavillón de Carnota. Ás 19:00 h, chegarán as Súas Maxestades, os Reis Magos de Oriente, para atender a todos os nenos e nenas de Carnota.