O Concello de Carnota informa de que a Deputación Provincial da Coruña convoca unha campaña de esquí para a rapazada empadroada no Concello de Carnota na estación invernal de Valgrande – Pajares (Asturias). Os participantes gozarán de catro días con aloxamento e manutención ademáis de cursos de esquí e actividades complementarias.

Data: do 14/01/2022 ao 17/01/2022
Lugar: Valgrande – Pajares (Asturias)
Réxime: Pensión completa.
Idades dos participantes: de 12 a 15 anos inclusive (cumpridos a 31 de decembro de 2021)
Solicitudes: No Departamento de Deportes, no 647459445 ou en deportes@carnota.gal
Data límite de preinscrición: ata o 14 de decembro.

 

  • No caso de haber máis solicitantes que prazas, celebrarase un sorteo público ó remate do prazo de preinscrición.
  • Terán preferencia os/as rapaces/zas que non foran a ningunha campaña da neve da Deputación

COTA DE INSCRICIÓN: Unha vez que o Concello confirme a obtención da praza, deberase realizar o ingreso de 85€, na conta que no seu momento se sinale.