O Concello de Carnota e a Libraría Chorima organizan a presentación do libro Marco di Murano, coa presenza do autor, Marcos  Porto.  O acto terá lugar o sábado 4 de decembro, ás 12:00 horas, no salón de actos do Concello de Carnota.

Marco di Murano é o título da novela coa que o carnotán Marcos Porto debuta como escritor e que vén de lazar ao mercado a editorial Tandaia.

O autor regálanos nesta obra unha deliciosa viaxe pola Italia renacentista, ateigada de reflexións existenciais, da man dun pintor, Marco di Murano, que antes de morrer decide escribir as  súas memorias.

Marcos Porto Ares naceu no lugar de Cornido (Carnota) en 1998. Con tan só 20 anos, mentres estudaba Administración e Dirección de Empresas en Santiago de Compostela, aflora a idea desta súa primeira novela e nace nel a inquietude de escribir. Dous anos despois, velaquí está o froito: Marco di Murano.