O Departamento de Deportes publica a LISTAXE DE ADMITIDOS/AS nas escolas deportivas neste curso 2021-2022
Nas listas das actividades infantís publícase o nome do pai/nai rexistrado na inscrición previa.
Actividades
As actividades de Psicomotricidade (3-4 anos e 5-6 anos), a pesar de que o número de inscricións non é demasiado alto, levaranse a cabo con normalidade.
Para as actividades dirixidas a persoas adultas de ESTIRAMENTOS (19:15 – 20:00) e HIPOPRESIVOS (19:30 -20:15), a monitora porase en contacto coas persoas inscritas para determinar a solución máis axeitada.
Pagamento
O pago das actividades realizarase do día 1 ao 10 de cada mes no seguinte número de conta: ES84 2080 0334 8731 1000 0035
No concepto debe aparecer o nome da persoa participante e da actividade.
Existirá unha bonificación do 50% da cota da actividade nos seguintes casos:
- Familia numerosa
- Persoas que padezan discapacidade en grao igual ou superior ao 33%.
- Persoas que teñan a condición de pensionista e xubilado/a.
As persoas que reúnan algún deses requisitos deben presentar a documentación correspondente para acreditar a situación da que se trate.
AS ACTIVIDADES COMEZARÁN O DÍA 4 DE OUTUBRO.