Con motivo do Día Europeo da Arte Rupestre presentamos o seguinte programa de actividades enmarcadas dentro do Museo Arqueolóxico Aberto. A xornada terá lugar o próximo sábado 9 de outubro:

Pola maña, ás 11:00 h, a rapazada de entre 6 e 12 anos poderá participar nun Obra-doiro de Arte Rupestre para coñecer os petróglifos de Carnota.

Pola tarde, ás 19:00 h, faremos unha ruta para todos os públicos polo monte de Carno-ta con parada no petróglifo da Laxe Escrita, para contemplar as inscrición que forman este xacemento.

Para participar é necesario inscribirse previamente no Departamento de Turismo, no Tel. 610208083 ou ben no correo turismo@carnota.gal.

As prazas son limitadas, non quedes sen a túa!!