Dende o ano 2018 (este xa é o cuarto programa) o Concello de Carnota pon en marcha coa chegada do outono o programa cultural para a poboación adulta de NOITES ESPECTACULARES.     

Todas as actuacións serán levadas a cabo no salón de actos do Concello de Carnota, ás 21.00h dos venres sinalados.

Neste ano contaremos con:

  • Venres 24 de setembro: Paula Carballeira e o seu contacontos de “Historias de arrepío”.
  • Venres 08 de outubro: Destexeito producións presenta a súa obra de teatro “Running, unha suorosa comedia”.
  • Venres 12 de novembro: Monólogo de Isi, o coñecido humorista da radio e a televisión de galicia.
  • Venres 03 de decembro: Monólogo de Oswaldo Digón coas súas divertidas historias.
  • Venres 17 de decembro: Teatro con Isabel Risco, Pedro Brandariz e Fran Rei en “Papar sen cancelas”.

Para todos os gustos, actuacións culturais en pequeno formato para adaptarse ao noso local, que sacará risas a esgalla ao público asistente con toda seguridade.

Lembramos que para todas elas hai que inscribirse previamente no Concello de Carnota, departamento de Cultura; ou no mail  cultura@carnota.gal; ou no tl 647459445.