Axencia de Lectura Municipal de Carnota

Contos para Merendar é un programa de dinamización lectora da Axencia de Lectura Municipal de Carnota para público infantil e familiar.
As actividades programadas para o mes de outubro están recomendadas para nenas e nenos a partir dos 4 anos.
Todos os espectáculos terán lugar no salón de actos do Concello de Carnota, ás 17.00 h, e a participación require inscrición previa (cultura@carnota.gal ou 981106331- Biblioteca).

O Señor do Castelo, Sabela Gago
Venres, 1 de outubro

Dúas pantasmas atopan no xornal un anuncio interesante: alúgase castelo no medio do bosque, moi tranquilo e cun prezo inmellorable. Cando se achegan a visitalo, atopan o Señor do Castelo agochado e aterrorizado. De que terá medo o dono do castelo? Un conto para buscar, cantar e adiviñar nas diferentes estancias dun castelo moi divertido.

Rosa Caramelo e outras historias, Talía Teatro
Venres, 15 de outubro

Illada nun xardín, Margarita é a única elefanta do grupo que non consigue que a súa pel sexa de cor rosa caramelo. Cando os seus pais desisten desa idea descubrirá o significado da liberdade e abrirá o camiño da igualdade para as súas compañeiras. Un espectáculo para nenas e nenos onde se lle dá a volta a roles e estereotipos de xénero.

O arquivo do chibo, Os Contos de Pablísimo
Venres, 22 de outubro

“Hai quen conta ovellas para durmir…eu conto chibos”
O Arquivo do Chibo e unha fabulación libre arredor do conto clásico dos 7 cabuxos e o lobo. Ollaremos nos Arquivos do chibo e atoparemos cantigas de lobos esfameados, fábulas de carneiros teimudos e a historia de sete cabuxiños desobedientes

Estas actividades están financiadas pola Xunta de Galicia, dentro do programa Ler Conta Moito.