A Consellería de Emprego e Igualdade aprobou o desenvolvemento dun Obradoiro de Emprego a persoas desempregadas, promovido polos Concellos de Muros e Carnota, denominado “OE Portaventosa”,

Este programa mixto de emprego e formación terá unha duración de 9 meses, cunha etapa de formación en alternancia co traballo ou práctica profesional, que estará dirixida á aprendizaxe, cualificación e adquisición de experiencia profesional.  Está previsto que este obradoiro comece a mediados do mes de outubro deste ano.

O número de alumnos/as traballadores/as será de 20.

Poderán ser beneficiarias do proxecto as persoas desempregadas que teñan solicitado na Oficina de Emprego o código de Obradoiros de Emprego.

Especialidades:

  • Traballos de Carpintería e Moble.

Os alumnos realizaran operacións con equipos de mecanizado para a fabricación de elementos de carpintería e moble, axustar e embalar produtos e elementos de carpintería e moble e colaborar na súa montaxe e instalación.

  • Aproveitamentos Forestais.

Os alumnos realizaran as operación precisas para o aproveitamento dos produtos forestais, manexando os equipos, as máquinas e ferramentas en condicións de seguridade e saúde, aplicando criterios de calidade e de rendabilidade económica, respetando a normativa medioambiental e de prevención de riscos laborais. Para poder participar nesta especialidade o alumno debe de ter un nivel de cualificación profesional 2, ( titulación ESO, equivalente ou superior).

 

Calquera persoa interesada, poderá obter máis información chamando aos seguintes números: 

  • Concello de Muros:    981826050
  • Concello de Carnota: 981857217